Despois do tempo libre chegou o gran momento no campamento, a presentación dos nosos proxectos ecolóxicos, nos que estivemos traballando toda a semana. Todos tivemos que subir ao escenario e falar un pouquiño en inglés. Ao final non importa quen gañe ou perda, porque o importante é que aprendemos moitas cousas e estamos moito máis comprometidos coa defensa da natureza, que é un labor de todos. Aínda que claro, sempre hai un gañador nunhas eleccións e os que gañaron foron nomeados embaixadores do cambio e puxéronlles unha banda laranxa, todo un honor.
Logo das eleccións comezou o momento das despedidas, foi un momento moi emotivo no que nos intercambiamos agasallos cos nenos do outro colexio, levámonos moitos recordos, novos amigos e unha experiencia memorable.