Día da árbore

Andrea_debuxo_6ºA

O xoves, 21 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Árbore. Este día “naceu” aquí, en Galicia, pero pouco despois, en 1840, instaurouse en Suecia.

As árbores resultan esenciais para a vida: purifican o ambiente e osixenan o aire, proporcionan sombra, humedecen a atmósfera, reducen o ruído, deteñen as xeadas coa follaxe, ….

Este día, aquí, en Boqueixón, pola tarde achegarase ao colexio un escritor chamado Franscisco Fernández Naval, que escribíu un libro titulado “No corazón da fraga”.

Gústanme as árbores e pensó que hai que coidalas como elas coidan, ou mellor dito, intentan coidar a toda a humanidade.

Crónica a cargo do alumno Víctor Gómez Iglesias – 6º A

Como ben dí o alumno autor da crónica, no noso centro e a través do Equipo de Dinamización da Biblioteca tivo lugar a celebración do DÍA DA ÁRBORE entre os días 18 e 22 de marzo.

Ao longo do mes de marzo dito Equipo de Dinamización encargouse de recopilar ou crear en algúns casos diverso material para ofrecerllelo ao profesorado para que durante as datas indicadas poideran traballar cos seus alumnos.

MATERIAL RECOPILADO          TRABALLOS REALIZADOS          CHARLA CON “CHISCO”