Curso 2012/2013

A través desta páxina intentamos recopilar todas aquelas crónicas efectuadas polos alumnos ao longo deste curso 2012/2013.

Nelas expresan o seu parecer con respecto aos distintos eventos.

Sirven para o fomento da composición escrita a través da Biblioteca.

Nesta páxina insertaremos aquela que consideramos máis completa de cada evento. O resto de crónicas pódense ver pinchando no nome correspondente ao autor. Están clasificadas por eventos.

Marzo 2013)

CELEBRACIÓN: “DÍA DA ÁRBORE”

CRÓNICA DO DÍA DA ÁRBORE – Por Víctor Gómez Iglesias de 6ºA

O xoves, 21 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Árbore. Este día “naceu” aquí, en Galicia, pero pouco despois, en 1840, instaurouse en Suecia.

As árbores resultan esenciais para a vida: purifican o ambiente e osixenan o aire, proporcionan sombra, humedecen a atmósfera, reducen o ruído, deteñen as xeadas coa follaxe, ….

Este día, aquí, en Boqueixón, pola tarde achegarase ao colexio un escritor chamado Franscisco Fernández Naval, que escribíu un libro titulado “No corazón da fraga”.

Gústanme as árbores e pensó que hai que coidalas como elas coidan, ou mellor dito, intentan coidar a toda a humanidade.

4ºA

ALEX

BRAIS PÉREZ

DAMIÁN

6ºA

ANDREA VICTOR

——————————

(Novembro 2012)

CELEBRACIÓN: “DEREITOS D@S NEN@S”

CRÓNICA DO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS – Por Alejandro Graña Camba 6ºA

Hoxe, martes 20 de novembro de 2012, celébrase o día “dos dereitos dos nenos”.

Esta semana os alumnos e alumnas de 6oA de primaria, estamos facendo murales por grupos.

Os murais son de cinco ou seis persoas.

No libro de Educación para a Cidadanía ven un libro que nos fala sobre todos os dereitos dos nenos por exemplo:

dereito á familia, dereito á protección, dereito á saúde, dereito á liberdade e dereito á igualdade .Estes son algúns dos exemplos.

ALEJANDRO GRAÑA CAMBA DE 6ºA

RAUL GARCÍA FERREIRO

 

6 thoughts on “Curso 2012/2013

Deixar un comentario