Martes día 5

MARTES DÍA 5

A temperatura segue a ser fría e aínda que soprou un pouco de vento, puidemos gozar de actividades ao aire libre sempre ben abrigados.

As comidas

Hoxe para almorzar dispuxemos  dun bufet completo con leite, colacao, tostadas, marmelada, manteiga, cereais e madalenas.

A media mañá a froita e os zumes achégannos a enerxía e vitaminas necesarias para seguir con todas as actividades

A comida de hoxe foi como en casa, tomamos uns deliciosos espaguetis á carbonara de primeiro prato. E de segundo tivemos o achegue enerxético dun enorme bistec de tenreira acompañado de tomate de horta orgánica con aceite de oliva e orégano. E de sobremesa unhas fresquiñas peras.

Para merendar comemos un bocadillo de nocilla, por fin , chocolate, que rico!

Pola noite tomamos arroz á cubana, por suposto co seu bo acompañamento de salsa de tomate, luras, sepia rebozada e empanadillas de atún con ensalada, e de sobremesa un iogur.

¿Qué fixemos hoxe?

Hoxe xirou todo sobre á xeoloxía. Empezamos o día aprendendo moitas cousas sobre o noso planeta. Nas nosas clases temos uns profes que non falan nada de español así que aproveitamos para falar unha chea en inglés e, entre outras cousas, aprendemos a ler un mapa e a saber como preparar unha boa excursión polo bosque.

No campamento  hoxe traballamos con arxila, porque resulta que é un tipo de roca! Tiñamos que moldear un fósil, así que algúns fixemos ósos de dinosauros, outros preferiron caracois ou plantas e ata algunha serpe recreamos. Moldear con arxila é superdivertido e aínda que che manchas as mans, pasamos un bo intre.

Ensináronnos a usar un GPS, pero non un calquera, usamos o mesmo que usan os montañeiros. Cando xa sabiamos manexalo fixemos un xogo chamado Geocaching, no que tiñamos que atopar uns obxectos que estaban escondidos polo campamento. O que non sabiamos é que o GPS pode ser tan divertido e que no noso pobo hai obxectos escondidos que, usando un GPS, podemos ir buscar.

Despois de comer tivemos tempo libre e xogamos a baloncesto, fútbol e gagapit cos nosos novos amigos.

Pola tarde continuamos co noso Ecoproject. Hoxe tivemos que pensar cales son os principais problemas para o medio ambiente que hai preto de onde vivimos e vimos fotos de cales son as consecuencias de tratar mal ao noso planeta. Antes das duchas terminamos as sesións cos ensaios dos nosos proxectos de escolas xunto ás nosas profesoras Beli, Inma, Carmen e Cristina.

O xogo da noite foi un concurso chamado Party.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar un comentario