Venres día 8

VENRES DÍA 8

Día cuberto e chovendo a intres, facía bastante fresquiño especialmente pola noite.

As comidas

Almorzo completo con cola cao, leite, tostadas, mantequilla, marmelada, galletas, magdalenas e cereais, variedade para todos os gustos.

A media mañá: froita con zume para continuar a nosa xornada final no campamento.

Xantar: macarrones coa súa salsa secreta, unha forma tradicional de preparar a bolognesa que nos encantou, o segredo é usar produtos de calidade, sans e naturais. De segundo, un puré de patacas acompañaba a uns San Jacobos que fixeron as delicias dos acampados. De postre natillas de chocolate das que non deixamos nin unha pinga.

Merenda: unha cana de chocolate!!! Por suposto cun zume de piña e uva, a mestura perfecta para aportar vitaminas e enerxía para así continuar a xornada.

E a cea nos deparaba a sorpresa final, HAMBURGUESAS E PERRITOS QUENTES! Ás que lle podiamos engadir todo o que quixésemos: queixo, bacon, tomate, leituga, pepinillos, cebola, kétchup, salsa brava, mayonesa e ademais patacas fritas de acompañamiento e un cucurucho de xeado de fresa de sobremesa. A cea ideal para ter entre amigos antes de comezar a festa de final de campamento.

¿Qué fixemos hoxe?

Logo dun almorzo relaxado ímonos a arranxar as nosas cabañas, hai que deixalas ordenadas e as camas ben feitas porque logo as profesoras pasan polas habitacións e dannos unha puntuación. De momento van gañando as mozas, pero os mozos non perden a esperanza de remontar no último momento. Hai que limpar e organizar ben todo.

Despois do tempo de limpeza fomos ás nosas clases e aprendemos cousas sobre o impacto do ser humano na natureza, como o calentamiento global e os gases de efecto invernadero. Sabiades que deixar os aparellos eléctricos enchufados en casa pode consumir case o 20% da enerxía dunha familia?

Despois os monitores prepararon unha presentación e uns videos. Aquí están traballando persoas de Inglaterra, Estados Unidos, Ghana e España, pero todos eles falan en inglés. Logo fixemos unha roda de prensa e preguntámoslles curiosidades sobre as súas vidas e os seus países. Foi unha experiencia moi curiosa, sentirse reportero por un día.

Despois do tempo libre chegou o gran momento no campamento, a presentación dos nosos proxectos ecolóxicos, nos que estivemos traballando toda a semana. Todos tivemos que subir ao escenario e falar un pouquiño en inglés. Ao final non importa quen gañe ou perda, porque o importante é que aprendemos moitas cousas e estamos moito máis comprometidos coa defensa da natureza, que é un labor de todos. Aínda que claro, sempre hai un gañador nunhas eleccións e os que gañaron foron nomeados embaixadores do cambio e puxéronlles unha banda laranxa, todo un honor.

Logo das eleccións comezou o momento das despedidas, foi un momento moi emotivo no que nos intercambiamos agasallos cos nenos do outro colexio, levámonos moitos recordos, novos amigos e unha experiencia memorable.

Despois da cea houbo unha superfesta karaoke na que nos deixamos as últimas enerxías que nos quedaban, cantamos, saltamos e bailamos, gozando de cada un destes últimos momentos no campamento. foi o broche de ouro a unha semana incrible. Ímonos á cama que mañá hai un longo camiño de volta a casa. Boas noites.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar un comentario