Xoves día 7

XOVES DÍA 7

Non fixo tanto calor como o día anterior e estaba un pouquiño nublado polo que puidemos facer a excursión prevista.

As comidas

Almorzamos leite con cola cao, galletas, madalenas, tostadas con mantequilla, mermelada e cereales de chocolate, todo a elexir.

A media mañá un zume e unha mazá que teñen moito azucre e sempre sintan ben.

Para comer, a cociñeira deleitpunos cun tradicional e caseiro cocido completo. De primeiro sopa de fideos e no segundo todo o acompañamiento de patacas, cenoria, tenreira, galiña e garavanzos. E de postre yogur. 

Para merendar tomamos un bocadillo de chorizo cun zume, que nunca vén mal repoñer forzas a media tarde para continuar coas tarefas.

Na cea probamos berenxenas gratinadas, tortilla de patacas con ensalada e mandarinas de postre. Todo moi san e lixeiro.

¿Qué fixemos hoxe?

Hoxe é un día especial no campamento. Imos ir de excursión en autobús a un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre chamado O Ardal, porque hoxe é un día no que

Ardal Pumlumon Area

imos aprender sobre os animais.

???????????????????????????????Desprazámonos ao Ardal, que é un sitio onde están especializados en tratar aves doentes, é como un hospital pero para paxaros. Alí tocamos plumas de voitre, esqueletos de aguia real, ovos de aguilucho cenizo e tivemos unha chea de sorte porque vimos moitísimos animais: avutardas, ratoneros, , búhos, voitres, ratones, serpes,…

Pola tarde traballamos no Ecoproject. Hoxe había moito traballo, porque mañá é o día das eleccións e hai que preparar todos os carteis, saber o que imos dicir e ensaiar. Xa temos moitos nervios por ter que falar diante de todos, ademais dixéronnos que nos van a gravar para que o poidades ver no cole.

???????????????????????????????

Participamos nun xogo chamado Scattergories, no que por equipos tiñamos que usar vocabulario en inglés e non dar a mesma resposta que os outros equipos.

Antes de irnos a durmir, como cada noite, contáronnos unha historia. Hoxe coñecemos unha lenda que nos chega desde a Antiga Grecia, a lenda de Ícaro e o labirinto do Minotauro. Logo de trasladarnos coa imaxinación 3.000 anos atrás, dicímosvos boas noites, ímonos á cama que mañá é un día moi importante e hai que descansar ben.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar un comentario