Hoxe é un día especial no campamento. Imos ir de excursión en autobús a un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre chamado O Ardal, porque hoxe é un día no que imos aprender sobre os animais.
Desprazámonos ao Ardal, que é un sitio onde están especializados en tratar aves doentes, é como un hospital pero para paxaros. Alí tocamos plumas de voitre, esqueletos de aguia real, ovos de aguilucho cenizo e tivemos unha chea de sorte porque vimos moitísimos animais: avutardas, ratoneros, , búhos, voitres, ratones, serpes,…
Pola tarde traballamos no Ecoproject. Hoxe había moito traballo, porque mañá é o día das eleccións e hai que preparar todos os carteis, saber o que imos dicir e ensaiar. Xa temos moitos nervios por ter que falar diante de todos, ademais dixéronnos que nos van a gravar para que o poidades ver no cole.